Irlanda do Norte

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Irlanda do Norte

07-03-2015

Irlanda do Norte é un territorio pertencente ao Reino Unido e conta con máis de 1 millón e medio de habitantes, máis da metade da poboación de Galicia.

Belfast é a capital de Irlanda do Norte, unha cidade dinámica que nos últimos tempos está levando adiante un importante desenvolvemento en materia arquitectónica e orientándose ao turismo. Conta con trescentos mil habitantes, aproximadamente os mesmos que a Coruña ou Vigo.

Derry (ou tamén chamada Londonderry) é a segunda cidade máis importante, cunha poboación de 85 000 persoas. Queda case lindando coa República de Irlanda, e destaca especialmente polas súas murallas medievais, e polos murais que hai por toda a cidade, unha das pegadas máis salientables do conflito que enfrontou a católicos e protestantes durante moitos anos.

Lisburn, é a terceira cidade, e aínda que funciona como un gran barrio residencial de Belfast, conta con múltiples atraccións como a súa Market Street, ou o fantástico parque de Castle Gardens.

Na costa norte atopamos a chamada «Calzada dos Xigantes» (Giant´s Causeway) unha formación volcánica en forma de piares con forma hexagonal, que é un dos lugares máis visitados das illas británicas.

Galegos en Irlanda do Norte

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Lourdes Pérez

É da Pontenova, en Lugo, ten 36 anos e leva 9 meses en Belfast. Quedou sen traballo en Galicia e decidiu procurar novos horizontes. Buscaba un lugar de fala inglesa onde fose fácil establecerse e atopouno en Belfast.  Con ela visitamos  o centro da cidade, vemos os Botanical Gardens e rematamos como é debido, tomando unha típica pinta no pub máis antigo de Belfast.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Manolo Torres

Marchou da Armenteira con 16 anos e agora con 50 está felizmente establecido en Bangor, unha vila a 15 minutos de Belfast. El amósanos o Hotel Merchant, o lugar onde traballa, un dos máis espectaculares da cidade, para coñecer de primeira man a boa reputación que ten Belfast como destino turístico nos últimos anos. Ademais lévanos pola zona de costa onde el vive, para comprobar que á beira de Belfast tamén hai fermosas praias.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

María González

É de Ourense e  traballa de administrativa para o sistema de saúde británico. Ten 33 anos e leva máis de tres en Irlanda do Norte. Con ela imos descubrir Derry, a cidade onde se viviu o peor do conflito norirlandés, e que hoxe podemos visitar seguindo os incribles murais que alí quedan recordando os feitos.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

José Enrique

Ou Jota E como o coñecen os seus amigos, é do barrio dos Mallos, na Coruña. Alí practicou durante moitísimos anos a súa paixón, o judo. Agora que vive en Lisburn, dá clases desta disciplina alí. Quedamos con el nun dos seus adestramentos, e despois damos un paseo por esta cidade.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Patricia Lamas

É unha ourensá de 24 anos que, logo de acabar xornalismo, escolleu Belfast para buscar unha oportunidade, e polo momento, está vivindo unha grata experiencia. Ela lévanos a probar o almorzo tradicional irlandés, o chamado Ulster Fry, moi parecido ao británico, pero que se diferenza no tipo de pan e en que non leva as famosas fabas.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]