Houston

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Houston

28-02-2015

Houston é a cuarta cidade máis poboada dos EEUU e a maior do estado de Texas con 2.099.451 habitantes.
A súa fundación data de 1836 polos irmáns Augustus Chapman Allen e John Kirby Allen, dous empresarios de Nova York que mercaron 27km² de terra ao longo de Buffalo Bayou.
A economía de Houston posúe unha amplia base industrial na enerxía, manufacturación, aeronáutica, transporte, saúde e un importante centro para a creación de equipos petrolíferos.
Houston é unha cidade multicultural que conta na súa área metropolitana con máis dun millón de residentes nacidos fóra dos EEUU (o 21,4% da poboación).

Galegos en Houston

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Adrián Candal

Adrián Candal pediu unha excedencia na radio na que traballaba para vir a Houston coa súa familia. O coruñés de 28 anos lévanos a coñecer o Centro Financeiro, paseamos polo Sam Houston Park e adentrámonos nos característicos túneis subterráneos da cidade.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Sonia Codesido

Sonia Codesido coñeceu ao seu marido escocés en Ferrol cando el traballaba no estaleiro. Xuntos viñeron a Houston e hoxe xa levan 17 anos na cidade. Ela amósanos a parte máis rural: o típico rancho, unha tenda exclusiva para vaqueiros e prepáranos unha comida galega-texana cos famosos T-bones.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Alfonso García

Cando a empresa de Alfonso García lle ofreceu un traslado aos EEUU, non o dubidou. Hai dous anos que o ourensán traballa como auditor financeiro en Houston e hoxe vemos con el o Houston Medical Centre, adentrámonos no Discovery Green e acabamos no medio da celebración do Día do Orgullo Gay.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Mercedes Leira

Ao igual que Sonia, Mercedes Leira coñeceu a un americano traballando no estaleiro de Ferrol e xuntos marcharon para Houston. Leva 15 anos na cidade e con ela visitamos a zona máis industrial, cos pozos petrolíferos, o Museo Espacial da Nasa e a fermosa vila de Galveston.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Alberto Souto

Alberto Souto chegou a Houston hai xa dous anos e en apenas 3 semanas atopou traballo como programador. Co coruñés imos ao parque Herman e a dous mercados: o Farmers Market, con produtos naturais, e o Traders Village Market, no que probamos o millo asado.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]