Hong Kong

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Hong Kong

05-04-2013

Hong Kong é, xunto con Macao, unha das dúas rexións administrativas especiais da República Popular China. Cedida a Gran Bretaña tras a primeira Guerra do Opio, esta cidade foi colonia británica ate 1997, ano no que o territorio foi devolto a China baixo o funcionamento do sistema coñecido como un país, dous sistemas que garante que o socialismo chinés non se aplicará en Hong Kong ate o ano 2047. Hong Kong mantén así o seu sistema económico, administrativo e xudicial independente e incluso o seu propio sistema de aduanas e fronteiras externas.

A rexión de Hong Kong fórmana a península de Kowloon e 236 illas, das que a illa homónima e Lantau son as máis coñecidas. É actualmente a cidade máis influínte do sueste asiático con máis de 7.000.000 de habitantes en só 1.000 quilómetros cadrados o que a converte nunha das áreas máis poboadas do planeta. Malia esta densidade poboacional Hong Kong é unha das cidades con máis espazos verdes de Asia.

Hong Kong tense convertido na actualidade nun dos centros turísticos, industriais, financeiros e comerciais máis importantes do mundo e serve de porta de entrada para a inversión de capital na China Continental. É precisamente aquí onde se atopa a rúa máis cara do mundo, a Causeway Bay, onde o prezo de aluguer anual por metro cadrado ascende aos 22.300 euros, superando a 5ª Avenida de Nova York.

Galegos en Hong Kong

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

María Vilariño

Ten 28 anos e é de Vilalba. Chegou a Hong Kong por mor do traballo do seu home e xa leva 2 anos aquí. Asegura estar encantada de poder vivir unha cultura de contastes como a de Hong Kong. Quedamos moi preto da súa casa, en Ma On Shan, onde hai un mercadiño moi tradicional.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

María Vasconcellos

É da Coruña, ten 32 anos e leva en Hong Kong uns meses. Vive na illa de Lantao, onde está o Buda Xigante, un monumento incrible na cima dun monte. Para chegar ata alí hai que coller un teleférico e subir uns 268 chanzos e quen mellor ca ela para guiarnos.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Francisco Pazos

Traballa agora distribuíndo produtos galegos en Hong Kong, pero antes xa foi un cociñeiro famoso aquí polos seus impresionantes chuletóns de boi de Monforte. Quedamos con este vigués de 37 anos para dar un paseo por Kowloon, a zona mais densamente poboada do planeta.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Alberto González

Ten 29 anos e é da Coruña. Despois de un ano vivindo aquí coñece moi ben a cidade. Con el cruzaremos en barco ata a illa de Hong Kong e pasearemos usando a escaleira mecánica ao aire libre mais grande do mundo.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Alberto Múñiz

É un carballés apaixonado dos deportes que nunca imaxinou que remataría en Hong Kong traballando como adestrador de xadrez. Este deporte está de moda en Hong Kong. Todos os nenos queren aprender e é considerado un mérito académico. Quedamos con Alberto nun dos campionatos infantís que hai na cidade, e despois iremos a The Peak, o punto desde onde podemos observar as míticas vistas do Skyline de Hong Kong.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]