Hamburgo

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Hamburgo

17-10-2012

Hamburgo, é a segunda cidade máis grande de Alemaña, e conta cunha poboación de 1,7 millóns de habitantes na súa área urbana, case a metade de toda a poboación galega. Está situada ao norte do país, entre Bremen e Kiel, e conta con porto dando ao mar do Norte. Pola importancia deste porto, que é o segundo máis grande de Europa e o noveno do mundo, a cidade foi bautizada como “a porta do mundo”.

Hamburgo é unha cidade eminentemente comercial, onde abundan os empresarios e a xente con cartos. Arquitectonicamente presenta unha mestura de edificios históricos e contemporáneos que a converten nunha das urbes máis fermosas e elegantes de Europa, con castelos e palacios que semellan tirados dos contos.

Hamburgo foi no seu momento un dos principais destinos para a emigración galega, polo que na actualidade aínda conta con moitos galegos e fillos de galegos que desenvolven a súa vida alí, pero non deixan de visitar a terriña cada ano.

Galegos en Hamburgo

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Alba Gómez

É unha viguesa de 29 anos que vive e traballa en Altona, un distrito de Hamburgo. Alba é deseñadora gráfica e chegou a Alemaña cunha bolsa, aínda que agora xa leva máis de tres anos no lugar. Ela lévanos a coñecer o seu barrio, Altona, onde atopamos fábricas convertidas en centros culturais, e tamén a gozar da marcha nocturna.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

David Otero

Do Grove e ten 38 anos. Como non atopaba traballo de químico decidiu coller as maletas, aprender o idioma, e buscar un futuro en Alemaña. Este galego amósanos a Igrexa de San Miguel, e as casas da zona vella, ademais do Mesón Galicia.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Fernando Fontenla

Un santiagués de 34 anos, apaixonado dos coches, que atopou un traballo que lle permite gozar deles. Pola súa man pasan a diario modelos únicos, solicitados polos millonarios que hai en Hamburgo. Quen mellor ca el para acompañarnos pola zona máis cara da cidade e achegarnos ao mundo dos coches de luxo.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Montserrat Alonso

Ten 38 anos e naceu en Vilanova de Arousa, aínda que deixou Galicia cos seus pais cando era pequena. Leva 17 anos traballando para unha empresa de mensaxería, pero o que máis lle gusta facer no seu tempo libre e ensinar baile galego ás futuras xeracións. Con Montserrat coñecemos o Lago Alster, o Concello, e un espectáculo de luz e son nun dos parques da cidade.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Ricardo Martínez

É comercial de importación, ten 34 anos e é de Muros. Despois de licenciarse quería mellorar o seu alemán, e cando visitou Hamburgo por primeira vez pensou que sería un sitio bonito para vivir experiencias, e decidiu quedar. Ricardo faranos un percorrido polo Fishmarket, e con el veremos os transatlánticos Queen Elisabeth e Queen Mary 2.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Teresa Souto

Ten 61 anos e é natural da Coruña. Marchou hai 41 anos e nese tempo viu como foi evolucionando a vida da cidade arredor do río Elba. Agora está xubilada, e con ela coñeceremos lugares moi interesantes de Hamburgo: os canais, a zona nova, e a cervexería máis antiga da cidade.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]