Glasgow

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Glasgow

29-04-2013

Considerada a segunda cidade do Imperio Británico na época victoriana e situada nas terras baixas do centro oeste de Escocia, á beira do río Clyde, Glasgow é actualmente a maior cidade de Escocia e a terceira en importancia de Reino Unido por detrás de Londres e Birmingham.

Glasgow é unha cidade cosmopolita, centro neurálxico da industria, do comercio, dos medios de comunicación e do transporte de Escocia, ademais de sede de moitos negocios punteiros da rexión. É o terceiro destino turístico más visitado do Reino Unido despois de Londres e Edimburgo, recibindo máis de dous millóns de visitantes ao ano.

Glasgow é coñecida pola súa ampla oferta cultural e de ocio, pois posúe unha grande variedade de teatros, museos, bibliotecas, galerías de arte e festivais e conta tamén cunha importante escena musical. De feito, chegou a ser Capital Europea da Cultura en 1990 por diante de París ou Atenas. Dende o 1451 funciona nesta urbe a Universidade de Glasgow, de moito prestixio debido á calidade dos seus estudos e sobre todo á súa tradición investigadora.

En 1999, Glasgow recibiu o título de Cidade Británica da Arquitectura e do Deseño debido á variedade de estilos e deseños arquitectónicos presentes nos seus edificios que van dende o victoriano ate estilos ultramodernos pasando polo art nuveau.

Galegos en Glasgow

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Isabel Garriga

Glasgow é unha cidade moi coñecida polo seu moderno patrimonio arquitectónico. A mellor maneira de coñecelo é facerse acompañar por Isabel Garriga, unha arquitecta de Lugo que xa leva moitos anos en Glasgow.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Julio Oya

É de Vigo e leva sete anos en Glasgow onde ten unha empresa de servizos lingüísticos. Viaxa moito a Hamburgo para estar coa súa moza, que vive alí, pero tamén lle queda tempo para saír a tomar algo por Glasgow. Con el vemos algo do ambiente nocturno desta cidade.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Xabier Cid

Moi preto de Glasgow está Stirling, un lugar precioso que desprende historia por todos os lados. Aquí está o monumento a William Wallace, o famoso heroe de Braveheart. E aquí tamén vive Xabier Cid, un consultor web de 37 anos de Ourense, que chegou a Escocia para dar clases de galego e que despois de seis anos no lugar está encantado.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Pamela Ocampo

É da Coruña e leva case 11 anos en Glasgow, onde tivo un fillo. Traballa de Radiofísica Hospitalaria mais antes foi guía turística da Universidade de Glasgow; razón pola que coñece moi ben o campus universitario que, entre outros lugares, nós visitamos con ela.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Bea Remeseiro

As Universidades de Glasgow son famosas en todo o Reino Unido. Ata aquí veu hai uns meses Bea Remeseiro, unha enxeñeira informática de 27 anos natural de Curtis que ao chegar tivo que facer esforzos por comprender o inglés da zona pero que hoxe está plenamente integrada. Con ela paseamos polo centro da cidade.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Noelia Martín

É de Foz, e hai 10 anos foi de visita a Glasgow. Aquí coñeceu ao seu marido co que tivo 2 fillas e xa non deu marchado. Con ela imos ao Barras Market, un mercado apaixonante no que podemos atopar de todo.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]