Frankfurt

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Frankfurt

14-07-2011

Frankfurt é unha cidade de contrastes. Atópase dividida entre a Cidade Antiga (á beira do río Meno) e a Cidade Nova (ao norte da parte vella). As construcións máis vangardistas de Europa conviven en harmonía con edificios antigos ben conservados. Grazas a súa espectacular panorámica de rañaceos, Frankfurt é coñecida como a versión europea de Manhattan. Sede das principais feiras internacionais, a cidade é tamén o centro financeiro de Alemaña, fogar do Banco Central e da Bolsa. Pero non son estes os seus únicos atractivos. Ademais da excelente vida nocturna, ofrece unha chea de museos e galerías de arte interesantes.

Galegos en Frankfurt

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

José Pérez

Ten 63 anos e naceu en Sarreaous, Ourense. Traballou facendo as famosas salchichas de Frankfurt. Agora está retirado e adica a meirande parte do tempo a xogar a partida e a dar longos paseos en bici pola cidade. Con José percorreremos Zeil, a rúa comercial máis concorrida de Frankfurt; veremos os restos da muralla que rodeaba a cidade e degustaremos un prato típico alemán.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Alejandra Plaza

Ten 35 anos é de Cabana de Bergantiños, A Coruña. Foi parar a Frankfurt por unha oferta de traballo do seu marido. Traballa de profesora e vive xunto a súa familia en Bischofsheim, localidade que viu nacer ós irmáns Grimm, creadores de “Branca Neves” ou a “A bela durminte”. Con Alejandra coñeceremos o distrito das finanzas .

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

José Ramón García

Ten 51 anos e é natural de Vigo. Leva 40 anos vivindo en Frankfurt. Alí descubriu que se podía facer negocio limpando os cristais dos rañaceos e desta maneira puxo en marcha a súa propia empresa. Afeccionado á historia , José Ramón daranos toda unha lección na fortaleza romana de Saalburg, a 30 minutos de Frankfurt.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Carlos Varela

Varela ten 57 anos e é de Ferreira de Pantón, Lugo. Leva 37 anos vivindo en Frankfurt, onde traballa como xestor de catering da Lufthansa. Con el visitaremos o aeroporto con máis tráfico de Europa e a Praza Römer, sede do concello dende 1405.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

José Pazos

Ten 58 anos e provén de Xinzo da Limia (Ourense). Leva 40 anos vivindo en Frankfurt, onde se adica á distribución de alimentos. Ademais, é o presidente do Centro Cultural Galego da cidade. Na súa compaña visitaremos a Ópera Vella e asistiremos a un concerto de jazz.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]