Filadelfia

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Filadelfia

09-12-2013

Entre Nova York e Washington atopamos Filadelfia, a cidade máis grande do estado de Pensilvania, con 1.526.000 habitantes, máis os case 6 millóns da súa área metropolitana. Tamén chamada «Philly» ou «A cidade do amor fraternal», foi a primeira capital dos EEUU.
Filadelfia é un importante centro cultural, político e histórico. Ao seu porto chegaron miles de inmigrantes de Alemaña, Italia ou Exipto, e tamén afroamericanos que fuxían da discriminación racial do sur. Así mesmo, Filadelfia alberga a miles de estudantes xa que a Universidade de Pensilvania, fundada por Benjamin Franklin, é das máis antigas e prestixiosas dos EEUU.
Esta cidade é o fogar de moitos lugares históricos nacionais tales como o Independence Hall, a Campá da liberdade, o cárcere de Al Capone ou a casa de Edgar Allan Poe.
Philly é destino cinematográfico. Entre as películas rodadas aquí destacan as de «Rocky», «Única testemuña», «12 monos» ou a recentemente galardoada «Silver Linings Playbook».

Galegos en Filadelfia

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Elena Sotillo

Decidiu marchar a Filadelfia despois de ver unha oferta de traballo nunha revista científica. Con ela facemos a ruta cinematográfica: os adestramentos de “Rocky”, o almorzo de “Silver Linings Playbook” ou a estación de tren onde ocorre o asasinato de “Única testemuña”.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Diana Salgado

Ferrolá de 31 anos, mudouse a Filadelfia pola súa vinculación coa arte urba- na. Traballa co seu marido americano nun bufete de avogados, e no seu tempo libre dedicase ao que máis lle gusta: os graffitis. Con ela visitamos os Magic Gardens e comemos o típico Philly Cheese Steak Burger.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Basilio Veiga

Chegou a Filadelfia hai 47 anos. Comezou traballando nos estaleiros e despois esti- vo no sector da industria nuclear. El lévanos ao Templo da Gran Loxa Masónica e a Quakertown, onde coñecemos a Manuel, outro galego cunha pequena granxa na que pasa o seu tempo libre. Rematamos o día cun paseo a cabalo, unhas hamburguesas caseiras e unhas ricas sardiñas traí- das dende Galicia.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Carmen García

A empresa de Carmen García ofreceulle un posto en Filadelfia, e ela non o dubidou. Hoxe, dous anos máis tarde, amósanos a Eastern State Penitentiary onde vemos a cela de Al Capone. Despois imos á JFK Plaza, por todos coñecida como Love Park, e tomamos un alvariño na terraza dun anti- go barco-bar.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Ángeles González

Leva 5 anos en Filadelfia, pero xa 30 en Norteamérica. É médico e participou na campaña electoral de Obama. Esta galega dos Peares lévanos a ver a campá da liberdade e á casa onde se coseu a primeira bandeira dos EEUU.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]