Estrasburgo

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Estrasburgo

04-11-2013

Facendo fronteira con Alemaña atopamos Estrasburgo, capital e principal cidade de Alsa-cia, ao leste de Francia. Os seus 1.175.000 habitantes, sitúana na 4ª posición dos núcleos de po-boación máis grandes do país.

Estrasburgo foi, dende a antigüidade, un importante centro de comunicacións, especial-mente fluvial, albergando o segundo porto máis importante sobre o Rin, o río máis transitado do mundo. O seu centro histórico está declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco dende 1988, polo que a súa actividade turística é moi intensa.

Esta cidade universitaria, con máis de 58.000 estudantes, é a segunda de Francia, despois de París, con maior movemento cultural: ten teatro, biblioteca, orquestra e ópera, todos eles de ámbito nacional. Entre as organizacións internacionais que alberga atópanse o Consello de Euro-pa, o Parlamento Europeo ou o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

Galegos en Estrasburgo

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Rocío Fuentes

Rocío Fuentes veu cos seus pais a Estrasburgo cando era moi pequena, pero está desexando volver a Negreira. Hoxe entramos á Catedral con ela, visitamos a Petite-France, probamos a típica Choucroute e imos ata a Festa da Cervexa.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

José Gallego

José Gallego ten 60 anos e é da Pastoriza. Nun principio non quería quedar en Estrasburgo pero aquí está, con dúas empresas, 43 anos despois. El lévanos a unha cava de viño, visitamos a fer-mosa vila de Obernai e ábrenos as portas da súa casa para gozar dunha cea familiar.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Andrea Barcia

Cando tivo oportunidade, Andrea Barcia foise como au pair a Estrasburgo. Agora traballa como tradutora en cruceiros polo Rin e o Sena. Coa burelesa cruzamos a Alemaña, visitamos o Palacio Rohan e paseamos polo xardín Deux Rives.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Antonio Croques

Antonio Croques, empresario de 58 anos, leva 32 en Estrasburgo. O motivo: coñeceu á súa mu-ller, deixouno todo e buscou traballo na cidade francesa. Con el facemos a visita máis institucional: o Consello de Europa, o Edificio dos dereitos humanos e o Parlamento Europeo.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

José Domínguez

O tío de José Domínguez tróuxoo a traballar cando só tiña 17 anos. Hoxe, 31 despois, vive en Colmar. O salvaterrense amósanos a súa leira, chea de verduras, cans, ocas, cabras… damos un paseo en barca e rematamos nunha pequena festa no Centro Español de Colmar.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]