Introdución ao programa


encabezado_intro

O pobo galego no ten fronteiras. Hoxe en día atopamos cidadáns galegos nos recunchos máis afastados do mundo. Para reflectir esta realidade nace Galegos no mundo, un punto de encontro para todos eles.

Os protagonistas abrirannos os seus corazóns e as portas das súas casas, mostrando como é a cidade e o país no que viven. Amor, traballo, aventura... qué hai detrás das súas motivacións? Os Galegos no mundo narrarannos as emocionantes razóns da súa partida e os seus plans de futuro.

Galegos no mundo convídanos a facer unha viaxe por cidades do máis chamativo. Todo a través dos ollos das persoas que un día decidiron comezar de novo noutro país. Coñeceremos outras formas de vida, aspectos históricos e tradicións, gastronomía, novos idiomas... Sempre na procura do insólito, o equipo de Galegos no mundo mostra a diversidade das culturas e a capacidade do pobo galego para adaptarse alá onde vai.

 

ver formulario

Portocabo
  • RSS
  • Facebook
  • Twitter

Galegos no Mundo é unha produción de Portocabo