Edimburgo

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Edimburgo

23-06-2011

Edimburgo é a capital de Escocia e o segundo destino turístico das Illas Británicas despois de Londres. Naceu arredor do seu castelo, unha antiga fortaleza situada sobre unha rocha volcánica. No século XVIII a súa prestixiosa Universidade converteuna nun importante centro cultural. Nomeada Cidade da Literatura pola UNESCO por ter máis librarías per cápita que calquera outra de Gran Bretaña. Hoxe é un dos principais destinos elixidos polos estudantes para perfeccionar o seu inglés. É sede do festival de artes escénicas máis importante do mundo. Todos os anos en agosto a poboación duplícase polos turistas que acoden ao Festival de Edimburgo. Baixo as súas rúas, Patrimonio da Humanidade, agóchanse centos de historias fantásticas, misterios e lendas sobre aparicións ou profanacións de tumbas… A cidade vive do medo pero é unha das máis seguras de Europa.

Galegos en Edimburgo

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Juan Dionisio

54 anos, naceu en Dadín (Sanxenxo) é enxeñeiro de formación e hosteleiro de profesión. Despois de dar voltas polo mundo decidiu botar raíces en Escocia. Quedamos con el no castelo de Edimburgo, visitaremos o Parlamento Escocés e almorzaremos cun dos seus amigos que é ex alcalde de Edimburgo.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Eugenia Cabaleiro

25 anos, é de Porriño, é xornalista e bailarina. Con ela entramos no Telford College onde estuda. Con ela aprenderemos o típico baile escocés e a movernos polos mellores locais de Edimburgo.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Vicente Figueroa

31 anos, natural de Mos (Pontevedra), traballa como guía turístico. Con el coñeceremos os mellores lugares das aforas de Edimburgo. Visitaremos unha das destilerías de whisky máis tradicionais de Escocia. Descubriremos a vaca peluda das terras altas de Escocia, e deixarémonos levar polas mil historias que sabe do país.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Mayte Vaamonde

48 anos naceu en Verín, é recepcionista de hotel. Ela quería cambiar de traballo, e en todas as entrevistas lle pedían saber inglés. Así que non o pensou dúas veces, colleu as maletas e viu estudar a Edimburgo. Da súa man amosaranos as rúas agochadas de Edimburgo, famosas polas súas historias de pantasmas. E remataremos nun alto onde se poden tomar as mellores instantáneas da cidade.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

María Gil

33 anos é de Vigo e traballa dando clases de español e alemán nun instituto. Leva dez anos vivindo na cidade. Quedamos con ela na famosa carreira de Papa Noeis, onde centos de persoas corren disfrazadas por causas solidarias. Logo probaremos uns dos típicos pratos da cociña Escocesa, os haggis.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]