Düsseldorf

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Düsseldorf

21-10-14

Düsseldorf é a capital do estado federado Renania do Norte-Westfalia. Ten unha poboación de 593.393 habitantes e está atravesada polo río Rin.
A primeira mención escrita á cidade remóntase a 1135, onde se lle chama “Düsseldorp”. Tralas Guerras Napoleónicas a cidade viviu un periodo de pobreza do cal non se recuperou ata a metade do século XIX. Dende entón, non deixou de progresar económicamente e hoxe atópase entre as 10 mellores cidades do mundo para vivir.
É considerada como a cidade alemá máis cosmopolita, contando coa maior comunidade xaponesa en Europa. Por iso é chamada a “Capital nipona a beiras do Rin”.
Düsseldorf é coñecida pola súa cervexa, a “Altbier” ou “cervexa vella”.

Galegos en Düsseldorf

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Andrea Búa

Andrea Búa deixou o Grove hai case un ano para vir a Düsseldorf. Decidiuse por Alemania para traballar como cantante de ópera e aprender o idioma. Hoxe vemos a súa particular maneira de ensaiar, imos con ela ao mercado Carlsplatz e percorremos a rúa coa barra de bar máis longa do mundo.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Xabier Fernández

Xabier Fernández leva fóra de Galicia 16 anos, dos cales os 11 últimos corresponden a Düsseldorf. O vigués de 42 anos amósanos uns antigos baños públicos, lévanos a un curioso aparcadoiro de coches e rematamos na súa casa coa súa muller alemá.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Bernardo Carrasco

Bernardo Carrasco é un cociñeiro de Xinzo de Limia que seguiu os pasos dos seus pais que xa emigraran a Alemaña cando el era pequeno. Con el paseamos pola zona vella, onde tomamos a típica cervexa negra, e imos a Kaiserber, unha zona antiga e con moito encanto preto da cidade.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Iria Castro

Pasaron xa 3 anos desde que chegou Iria Castro a Düsseldorf cunha bolsa de traballo. A coruñesa lévanos a un enorme mercado de segunda man e con ela adentrámonos no “Xapón” de Düsseldorf, onde probamos as boliñas do amor.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Alfonso Sexto

Vén de Lugo e ten un dos traballos máis divertidos do mundo: Alfonso Sexto recíbenos no seu traballo onde vemos todas as fases da creación dun videoxogo. Con el tamén imos ao porto da cidade e a ver os edificios de Frank Gehry.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Alicia Outón

Alicia Outón decidiu ir estudar a Alemaña e xa quedou traballando en Düsseldorf, onde leva case 3 anos. A coruñesa lévanos ver as impresionantes vistas da cidade dende a Torre da Televisión, damos un paseo pola beira do río e rematamos cunha cervexa nas spanische treppe ou escaleiras españolas.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]