Dublín

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Dublín

18-09-2010

Dublín, centro neurálxico de Irlanda, foi fundada no século IX polos viquingos. Hoxe en día, posúe unha gran riqueza cultural, nutrida pola herdanza de moitas figuras da literatura irlandesa coma Joyce, Shaw, Yeats, Kavanagh e Beckett.
O río Liffey percorre o centro da cidade, o cal conta cun gran número de reclamos arquitectónicos. Os seus elegantes edificios xeorxianos fan dela unha das capitais máis fermosas de Europa. Dublín ofrece unha gran variedade de actividades e eventos, coma os seus lendarios espectáculos: das delicias do Temple Bar (bo ambiente nocturno, música en directo nos pubs) ás noites máis cultas no teatro. En definitiva, trátase dunha cidade na que non ten cabida o aburrimento.

Galegos en Dublín

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

José Domínguez

Ten 36 anos e é natural de Fene, A Coruña. Traballa na Trinity College, a universidade máis antiga de Irlanda, con máis de catrocentos anos de historia. Con José pasearemos ó carón dos típicos portais de cores e tomaremos unha pinta no seu pub preferido.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Alexandre Rodríguez

Ten 32 anos e é de Vigo. Estudou Dereito Económico na Universidade de Vigo e despois de facer un máster en Bélxica rematou traballando como técnico en asuntos comunitarios e política pesqueira nunha vila turística a 11 quilómetros de Dublín. Ó seu carón deleitarémonos cun prato de pescado irlandés nun famoso restaurante.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Alfonso Blanco

Blanco ten 38 anos e naceu en Vigo. Estudou Bioloxía na súa cidade natal e dende hai 7 anos traballa cos mellores científicos do mundo na universidade máis grande de Irlanda. Con Alfonso visitaremos a cinematográfica prisión de Kilmainham.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Gustavo Lomba

Ten 32 anos e provén da Guarda, Pontevedra. Traballa no hospital Saint James de Dublín. Chegou á cidade hai 12 anos para estudar inglés e quedou por amor. Canda él visitaremos a fábrica da cervexa insignia do país, a Guinness, e gozaremos dunha cea nun local con música en directo.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Fernando Estévez

Ten 32 anos e é de Vigo. Canso de traballar como operador de cámara en vodas e bautizos, decidiu buscarse a vida en Dublín, onde leva xa sete anos. Hoxe en día traballa de xestor de contas nunha das principais multinacionais do mundo. Con Fernado pasearemos por un dos parques máis bonitos do país. Tamén visitaremos a súa casa, onde mostraranos que tamén en Irlanda se pode gozar dunha boa mariscada.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]