Dubai

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Dubai

26-09-2012

Dubai, é a capital dun dos sete emiratos que integran os Emiratos Árabes Unidos dende 1971. Esta urbe experimentou un gran crecemento económico nos últimos anos e na actualidade é un dos centros empresariais máis importantes do mundo.

Ten unha superficie como a da provincia de Pontevedra, pero practicamente triplica a súa poboación. E é que os rañaceos, conforman unha das imaxes típicas de Dubai.

A outra é o luxo e a grandiosidade, xa que aquí teñen todo o mellor e máis espectacular do mundo: a fonte máis grande, o hotel máis luxoso, e o centro comercial máis grande do mundo. Proba desta vontade excelsa e excesiva é a construción das World Islands, unhas illas artificiais que xuntas conforman un mapa do mundo.

Todo isto fai de Dubai un lugar único e difícil de esquecer: un dos destinos turísticos máis cotizados do mundo na actualidade.

Galegos en Dubai

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Miryam Junquera

É natural de Santiago de Compostela, ten 37 anos e é representante de Arkino Internacional Trad. O que máis lle gusta de Dubai é a posibilidade que lle ofrece de coñecer xente de moitas culturas diferentes. Con Myriam gozamos dun importante evento deportivo, un torneo de veteranos de fútbol con estrelas de fama mundial.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Rubén Piñeiro

Ten 29 anos e é veciño de Moaña. Marchou a Dubai pola súa profesión, piloto comercial, e xa leva 7 anos na cidade. Di que para el é alí onde verdadeiramente están as oportunidades laborais. Ao principio sentiuse abrumado polo luxo e os rañaceos, pero pronto atopou un bo grupo de amigos en Dubai. Daremos un paseo con el en lancha, e poderemos ver así edificios importantes como o Burj Al Arab.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Jacobo Chapela

É un moañés de 31 anos que leva 1 ano traballando como tripulante de cabina en Dubai. Con el faremos un impresionante tour polo deserto, unha aventura emocionante coa que ademais coñeceremos o Dubai máis tradicional.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Paula Fernández

Natural de Sanxenxo, ten 29 anos e traballa no departamento de publicidade dunha compañía aérea. Di que vivir dentro da cultura árabe é moi distinto a vivir nunha cultura occidental, sobre todo sendo muller. Con Paula cruzamos o Creek, a ría de Dubai, nun dos seus barcos-taxi, e tamén nos amosará algún dos mellores mercados da cidade.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]