Punta Cana18-04-2012

Punta Cana é un dos principais destinos turísticos do mundo. Na República Dominicana e a tres horas de Santo Domingo, gozan de temperaturas medias de 26 graos durante todo o ano.

Sen dúbida as súas extensas praias de area branca e auga cristalina son un dos principais reclamos, pero quen visitou Punta Cana di que o verdadeiramente valioso da zona é a súa xente, sempre amable e cun sentido do humor extraordinario.

As posibilidades de ocio son interminables, tanto polo día como pola noite, xa que Punta Cana é tamén un referente da festa nocturna a nivel mundial.

Galegos en Punta Cana

  • Juan Gacio
    Juan Gacio

    Ten 40 anos, é natural de Vigo, e chegou a Punta Cana para traballar nunha empresa como director de compras. Dende hai oito anos vive alí coa súa parella, nunha contorna privilexiada, xa que a súa casa está situada nun campo de golf, o seu deporte favorito.

  • David Barreiro
    David Barreiro

    33 anos de idade, nado en Soutomaior e Director Comercial de profesión, aproveitou o comezo da crise e marchou a traballar nun hotel, recomendado por un amigo. Dende entón goza do clima e das oportunidades que lle brinda a vida en Punta Cana, pero ten morriña da familia e da comida galega.

  • Pablo Collazo
    Pablo Collazo

    Ten 35 anos, é de Carballo, e leva xa seis anos en Punta Cana. Marchou por traballo, pero alí casou e formou unha familia. Agora xestiona unha casa de apostas con dous socios máis. Probamos con el as augas do mar do Caribe.

  • Jorge Arribe
    Jorge Arribe

    Con 29 anos, é da Coruña e xerente de hotel. Rematou a carreira de hostalería e marchou a Punta Cana a traballar. Di que alí se vive nun verán eterno, pero a cambio ten que ver ao seu amado Deportivo pola televisión. Con Jorge damos unha volta en barco pola ribeira dominicana.

  • Rosa María e Ángel López
    Rosa María e Ángel López

    De 47 e 49 anos, son un matrimonio de Vigo que leva 3 anos vivindo en Punta Cana. Ela é administrativa e el empresario. Ángel traballa cun ultralixeiro co que leva aos turistas por riba das praias. Veremos con el como é este lugar desde o ceo.

  • Rodrigo Real
    Rodrigo Real

    Ten 28 anos, é de Lugo e traballa como director adxunto dun hotel. Di que como Galicia non hai nada, pero non perde o tempo en Punta Cana: traballa, vai á praia, xoga ao fútbol, ao golf, vai a concertos e viaxa por todo o país. Con Rodrigo coñeceremos unha discoteca espectacular.

  • Leandro Tajes
    Leandro Tajes

    Con 30 anos e natural de Muros, é director da cadea de hoteis A&B. É outro futboleiro ao que lle gusta seguir a liga española, e hanos amosar todos os segredos dun típico “todo incluído” de Punta Cana.

Punta Cana na wikipedia

Compartir este destino

  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twitter
  • Compartir en Google Buzz
Volver á listaxe de episodios
ver formulario

Portocabo
  • RSS
  • Facebook
  • Twitter

Galegos no Mundo é unha produción de Portocabo