Costa Rica

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Costa Rica

04-07-2012

Costa Rica, un paraíso situado en América Central que limita ao norte con Nicaragua e ao sudoeste con Panamá.

Produce un dos mellores cafés do mundo e a súa natureza, con extensas praias, selvas virxes e parques nacionais, funciona como un gran reclamo turístico, aínda que Costa Rica é moito máis.

A súa democracia é das máis antigas do mundo. Foron pioneiros en abolir o exército e tamén en establecer unha educación obrigatoria e gratuíta.

Galegos en Costa Rica

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

José Luis López

Ten 60 anos e é natural de Carballedo (Lugo). Dende o 2004 representa a Citröen en toda América Central. O que peor leva é a distancia coa súa Galicia natal, e di que por iso sabe moi ben o que é a morriña. Gústalle de Costa Rica o clima, as montañas verdes e a chuvia, precisamente porque lle lembran á nosa terra. José Luis convídanos a coñecer a súa casa, un pouco peculiar porque está situada nun campo de golf.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Lola Pereira

Ten 57 anos e é da Coruña. Nun principio ía de vacacións a Costa Rica, pero decidiu quedar. Alí fundou unha escola pública nunha área rural. Comezou a impartir obradoiros de contos de tradición oral e de cociña nos Centros Culturais de España en América Central. É fundadora e madriña do Liceo Rural Santa Teresa de Cóbano e traballa cos rapaces e rapazas na recuperación da súa identidade cultural. Con Lola coñecemos toda a zona de Puntarenas.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Carlos Grangel

É de Pontevedra, ten 36 anos e traballa como xerente nunha empresa. Marchou a Costa Rica polo traballo, e con el foron a súa muller Ana Belén, que tamén é de Pontevedra, e a súa filla de 5 anos. Con Carlos facemos unha excursión única e das mais exóticas que existen en Costa Rica, imos darlles de comer aos crocodilos.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Adolfo Veiga

Ten 58 anos, é de Ferrol e leva 18 en Costa Rica. Nun principio foi para colaborar cunha canle de Televisión da Universidade, pero alí coñeceu a Lupe, a súa actual muller, e xa quedou a vivir. Adolfo traballa na Universidade de Costa Rica. Con el pasamos un día perfecto en contacto coa natureza: visitamos o parque Manuel Antonio, o máis importante do país.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Castor Alonso Gayo

Natural de Ramirás, ten 60 anos e é empresario. Chegou a Costa Rica como unha aventura persoal e o lugar convenceuno tanto que decidiu quedar a vivir. Aínda así non esquece Galicia, e el e mais o seu fillo viaxan dúas ou tres veces ao ano para visitar á familia e por cuestións de traballo. Castor coñece ben a cidade de San José e con el percorreremos as zonas máis importantes.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]