Costa Azul

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Costa Azul

12-12-2012

Galegos no Mundo visita un dos centros mundiais do turismo: A Costa azul, unha franxa comprendida entre os Alpes franceses, a Provenza e o mar Mediterráneo, que é famosa polas súas praias e polos seus veraneantes, que acostuman ser personaxes moi famosos.

A capital é Niza, unha cidade de 400.000 habitantes, cunha zona vella preciosa onde se pode comer peixe da comarca en antigas casas de pescadores.

Cannes, é famosa polo seu festival de cine, e por ser residencia de verán de xente como Abramovich, Madonna ou Elton John.

Saint Tropez, é un dos portos deportivos máis caros do mundo e conta con multitude de boutiques de luxo.

E por último Mónaco, a capital do glamour e dos cartos. Un pequeno país que ten a segunda renda per capita máis alta do mundo.

Galegos en Costa Azul

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Pablo Froján

É de Caldas de Reis, ten 29 anos e traballa como enxeñeiro informático en Niza, no centro de novas tecnoloxías máis grande de Europa. Con el veremos esta fermosa cidade e especialmente a súa zona vella.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Demetrio Argibay

Leva 22 anos en Francia. Saíu do Grove para desenvolver a súa paixón, a cociña. Vive en Antibes, nunha típica casa provenzal, e ten o seu restaurante en Cannes, o lugar onde se fai o festival de cine máis famoso do Mundo. Con el imos ver por onde se moven os actores cando veñen aquí, e veremos un dos lugares máis frecuentados por eles: as praias privadas de Cannes.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Marcos González

Saint Tropez era unha tranquila vila mariñeira pero co tempo converteuse nun dos destinos turísticos europeos de máis alto nivel. Imos coñecela con el, un rapaz de Ferrol que vive e traballa nun cámping de cinco estrelas. El hanos amosar os coches de luxo, os iates e descubriranos un dos xogos que máis gusta na zona, a petanca.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Ana González

Desprazámonos ás fermosas paisaxes da Provenza para coñecela, unha ferrolá de 29 anos que chegou hai 2 á Costa Azul buscando unha aventura. E abofé que a atopou, vive e traballa nunha das bodegas que lles dá abastecemento aos mellores restaurantes da Costa Azul, e está encantada coa experiencia.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Ainhoa Díaz

Marchou de Cangas hai dez anos para formarse como cociñeira cos mellores chefs. Deu moitas voltas polo mundo ata que rematou vivindo en Mónaco, traballando, claro está, de cociñeira. Con ela imos coñecer o segundo país máis pequeno do mundo e todo o que o envolve: luxo, casinos, o cambio de garda dos Grimaldi….etc.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]