Córdoba

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Córdoba

20-05-2013

Córdoba foi fundada polo andaluz Don Jerónimo Luís de Cabrera o 6 de xullo de 1573 e inicialmente recibiu o nome de Córdoba de La Nueva Andalucía. Sendo a cidade máis poboada de Arxentina despois de Bos Aires e a de maior extensión do país, Córdoba ocupa o seu centro xeográfico e polo tanto é considerada o centro estratéxico das comunicacións aéreas e terrestres e un importante centro cultural, económico, educativo e de entretemento.

Falar de Córdoba é falar da súa historia pois posúe o maior patrimonio arquitectónico e cultural da República Arxentina, constituído principalmente por construcións herdadas da época colonial tales como a Catedral, a Casa del Virrey Sobremonte ou a Iglesia de la Compañía de Jesús nas que se xuntan compoñentes barrocas, neogóticas, neoclásicas, de art decó e finalmente edificios modernos de estilo internacional.

Nesta cidade os xesuítas fundaron en 1613 a primeira universidade do país e cuarta máis antiga de América. Na actualidade Córdoba acolle un amplo estudantado que supera os cen mil universitarios, procedente de case todas as provincias arxentinas e do exterior, e é coñecida por iso como Córdoba La Docta.

Galegos en Córdoba

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Argimiro Iglesias

Saíu de Vilalba no ano 49, nunha época na que Córdoba comezaba a ser o motor industrial de Arxentina. Aquí comprobou que había de todo menos fame. Traballou de xastre, panadeiro, camareiro, mesmo de artista, e rematou sendo dono dunha cadea de zapaterías. Con 87 anos é coñecido como o decano dos galegos en Córdoba.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Elvira Balderrabano

É de Noia e ten 76 anos. En Córdoba conseguiu facer unha vida tranquila ao lado do seu home, a quen coñeceu traballando de telefonista para unha editorial. Agora o seu soño é volver a Galicia. Elvira amósanos a Igrexa dos Capuchinos, deléitanos cun menú cordobés típico e lévanos ao ensaio do seu coro, no que inclúen algún tema galego.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Santiago García

É un pontevedrés de 25 anos que está facendo un proxecto de investigación na Universidade de Córdoba. Esta Universidade cumpriu 400 anos de historia e foi a primeira de Arxentina. Por ela, a cidade é as veces chamada La Docta. Con Santiago paseamos polo recen estreado Parque de las Tejas, visitamos o Palacio Ferreyra ou Museo Superior de Belas Artes Evita e o Paseo del Buen Pastor.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Pilar Castiñeira

Unha chairega que chegou a Arxentina con dez anos e que despois de traballar como profesora de historia e no Consulado de España durante máis de trinta anos, acaba de xubilarse. Con ela veremos a Córdoba máis histórica. Imos coñecer como naceu a cidade, a influencia da súa Universidade e os episodios máis interesantes da súa historia.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Juan Carlos Rodríguez

É un pontevedrés que vive desde hai 2 anos cerca da Villa General Belgrano. Nun entorno magnífico, Villa General Belgrano respira aires centroeuropeos e mantén costumes propios bávaros e arquitectura desa zona debido á cantidade de xente que emigrou desde Alemaña, Suíza e Austria nos anos 40 e 50. Con Juan tamén iremos ata Altagracia para visitar a casa-museo do Che.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]