Copenhaguen

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Copenhaguen

16-09-2010

Copenhaguen recibiu o premio á mellor cidade do mundo para vivir, e é a porta de entrada a Escandinavia. Está unida a Suecia pola ponte de Oresund, un portento de enxeñería civil.  Pode presumir de competirlle a Ámsterdam no número de bicicletas por habitante, e é unha das cidades para tomar como exemplo de tolerancia e civismo. Copenhaguen ten como símbolo unha serea.

Galegos en Copenhaguen

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Alejandro Tobar

Alejando Tobar recibiunos na súa casa tipicamente dinamarquesa, con grandes ventás e decoración minimalista. Veu á cidade por amor e séntese moi cómodo en Copenhaguen.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

César Vide

César Vide é chofer da embaixada arxentina en Copenhaguen. Subimos ao seu coche para que nos amose os mesmos sitios aos que leva aos diplomáticos cando visitan a cidade.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Iago Cordal

Iago Cordal é un enxeñeiro informático de Lugo que se adaptou perfectamente ao estilo de vida dinamarqués. Nunca sae da casa sen a súa bicicleta.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Sergio Montero

Subimos á torre dunha das igrexas de Copenhaguen para contemplar con Sergio Montero unha das zonas máis cobizadas da cidade: Christiania. Despois cruzaremos a ponte de Oresund ata Suecia onde vive este compostelán fascinado pola cultura escandinava.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Estefa Cortés

Estefa Cortés ten visita; a súa irmá Vanesa veu desde Alemaña para botarlle unha man coa súa tese. Ambas están ampliando os seus estudos de enxeñería de telecomunicacións. A pesar de estar sempre fóra da casa, séntense moi orgullosas de ser do barrio vigués de Teis.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Óscar Pardo

Óscar Pardo está en Copenhaguen cunha bolsa Erasmus. Dálle moita pena ter que deixar a Universidade Técnica, onde vive nunha casa container con todas as comodidades.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]