Cidade de México

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Cidade de México

26-12-2012

A Cidade de México é a gran urbe de América latina, e unha das máis grandes do mundo. Xunto coa súa zona metropolitana, suma máis de 20 millóns de habitantes: a poboación de Galicia enteira multiplicada por 7 e metida toda nunha aglomeración urbana.

Tanta xente provoca que Cidade de México sexa un lugar cheo de movemento, cunha vida cultural e artística moi intensa, e cunha grande escena musical. Ademais conta con tres equipos na potente liga de fútbol mexicana, e é o berce da loita libre mexicana, un espectáculo con seguidores en todos os recunchos do mundo, especialmente no Xapón.

Cidade de México destaca tamén por ser a oitava cidade máis rica do mundo e por ser un dos centros económicos máis importantes de toda Norteamérica. A urbe que no pasado foi un dos destinos máis importantes da emigración galega volve selo agora debido ao seu pulo económico.

Galegos en Cidade de México

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Manuel Rial

Aos seus 78 anos, Manuel Rial é un dos homes máis queridos e respectados por toda a comunidade galega en México. Este carballiñés, que leva 54 anos en México, toca a pandeireta coma ninguén e sabe moito da historia do seu país de acollida. Facémonos acompañar del para visitar a Basílica de Guadalupe.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Antonio Núñez

A Cidade de México conta cun casco histórico impresionante, cheo de edificios singulares e coroado polo Zócalo, unha das maiores prazas urbanas do mundo. Para coñecelo contamos con Antonio Núñez, un galego de Manzaneda que leva 33 anos aquí, e que coa súa muller, exercen unha importante actividade a nivel cultural no Centro Galego da cidade.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Manuel Silva

Ten 30 anos e é de Santiago. Ten a sorte de vivir nunha das zonas máis luxosas e bonitas da Cidade de México: a Colonia Polanco. Quedamos con el para que nola amose e nos conte que tal lle vai na cidade, despois de case dous anos nela.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Fátima García

A Cidade de México é coñecida polos seus mercados e polo enorme parque urbano de Chapultepec. Imos visitar estas dúas realidades con Fátima García, unha ferrolá namorada da música máis alternativa, que goza cada día das enormes posibilidades da Cidade neste aspecto.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Javier Castiñeiras

É de Tordoia e chegou a México da man do que era o seu titor nun máster e que agora é o seu xefe. Aínda non leva un ano na Cidade pero xa é un gran afeccionado á loita libre mexicana, espectáculo ao que nos vai levar precisamente acompañado de Víctor, o culpable de que estea agora en Cidade de México.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Jose Antonio Costal

É da Lama, en Pontevedra, e leva case toda a vida na Cidade de México. Aínda que non lle toca por proximidade é do Deportivo, xa que é o equipo que máis retransmiten en México. Con el imos visitar as pirámides de Teotihuacan, un dos monumentos máis importantes do país e Patrimonio da Humanidade pola Unesco desde 1987.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]