Chicago

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Chicago

13-02-2014

No estado de Illinois, ao longo da costa do lago Michigan, atopamos Chicago. A “Segunda cidade” ou a “Cidade do vento” é a terceira maior dos Estados Unidos, con 2.707.120 habitantes, tras Nova York e Los Ángeles.
Segundo os relatos dos exploradores españois do século XVII, os indios de Illinois foron os primeiros en reclamar un territorio que chamaron “Chicagou” e que significa poderoso, forte ou grande.
En 1871 produciuse o Gran Incendio de Chicago, que destruíu parte da cidade. A lenda conta que comezou ao tirar unha vaca unha lámpada de queroseno. 17.000 edificios foron destruí-dos e morreron 250 persoas. A cidade foi reconstruída polos mellores arquitectos do mundo e hoxe considérase o berce dos rañaceos.

Galegos en Chicago

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Rubén Quiza

Rubén Quiza leva 5 anos traballando en Chicago como deseñador de interiores. Hoxe atravesa- mos a cidade con el en ferry, paseamos polo Millenium Park, subimos á vertixinosa Willis Tower e rematamos no Café Ibérico, un popular restaurante español rexentado por un galego.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

José Quintáns

Ao rematar medicina en Santiago, e tras unha breve estancia en Suíza, José Quintáns aproveitou a oportunidade e veu dar clases á prestixiosa universidade de Chicago. 41 anos despois, é un popular personaxe na facultade. Con el damos unha volta en descapotable e en bici, e coñecemos “A Cova de Pepiño”.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Tony López

Tony López, un coruñés de 31 anos, é enxeñeiro medio-ambiental e socio dun famoso bar de tapas en Chicago. El amósanos o lado máis comercial da cidade, entramos no Bedford bar, un antigo banco transformado en bar, e rematamos cunha empanada personalizada por cortesía do Black Bull.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Silvia Pérez

Silvia Pérez vive a 10 minutos de Chicago, en Oak Park. A cambadesa coñeceu ao seu marido facendo o post-doutoramento e quedou definitivamente. Agora investiga sobre o alzheimer, e hoxe descúbrenos a súa vila, o lugar ideal para os amantes da arquitectura de Frank Lloyd Wright.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Enrique Posse

Entre as antigüidades do mercado de Randolph Street, coñecemos a Enrique Posse, un compos- telán de 42 anos que leva xa 15 en Chicago. Con el imos ata as praias do Lago Michigan, asisti- mos a un monólogo na coñecida Second City e probamos unha auténtica pizza Chicago.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]