Casablanca

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Casablanca

19-12-2012

Casablanca é unha cidade de seis millóns de habitantes, máis do dobre da poboación coa que conta toda Galicia. Ademais é un dos enclaves comerciais máis importantes do norte de África, e capital económica de Marrocos.

Os portugueses bautizárona ao pasar pola súa costa, e a película do mesmo nome fíxoa mundialmente coñecida. Durante a Segunda Guerra Mundial foi un lugar estratéxico onde pululaban axentes secretos de todas as nacionalidades. Na actualidade Casablanca é unha cidade chea de vida na que aínda se conservan as pegadas do seu pasado colonial francés.

En Casablanca está tamén a Mezquita de Hassan II, un templo actual e moderno que conta coa última tecnoloxía en edificacións. En contraste, a medina antiga de Casablanca respira aínda o espírito dos clásicos zocos árabes e é un lugar moi frecuentado por comerciantes e turistas.

Galegos en Casablanca

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Patricia Rodríguez

Leva 3 anos en Casablanca traballando na Oficina Económica da Embaixada de España asesorando ás empresas españolas que se instalan en Marrocos. Gústalle moito ir á praia, o clima e a gastronomía marroquí. Con ela imos coñecer o barrio de Habbous, onde aínda se pode apreciar a época colonial francesa, e o Ricks Café, o mítico local da película Casablanca.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Natalia Rodríguez

É unha coruñesa que leva en Casablanca dous anos traballando en deseño de moda. Encántalle a cidade e a súa vida alí. Con ela imos descubrir unha urbe chea de contrastes e un dos mercados máis grandes do mundo.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Soufiane Loudine

É un galego de Ordes que decidiu probar sorte no país do que os seus pais son orixinarios. Non lle gusta nada a pouca disciplina que hai no traballo en comparación con Galicia, pero encántalle a cidade e o modo de vida dos marroquís. A Medina é o casco antigo de Casablanca e nós coñecerémola con el. Tamén nos amosará a incrible Mezquita de Hassan II.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Rubén Albés

O fútbol é unha auténtica paixón en Casablanca, que conta con dous dos equipos máis importantes de Marrocos, o Rajá e o Wydad. Este último adéstrao Benito Floro, e a súa man dereita é un galego de Vigo, Rubén Albés. Con el iremos a un partido e descubriremos as diferenzas entre o fútbol marroquí e o galego.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Yago Alborés

Traballa para unha empresa dedicada a edificar centros comerciais. O Marineda City da Coruña é obra deles e agora están en Marrocos para construír un dentro dun complexo de vivendas deseñadas polo arquitecto Norman Foster. Yago levaranos a Corniche, unha das zona máis populares da cidade e centro de referencia en canto ao ocio, tanto nocturno como diúrno.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]