Cairo, O

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Cairo, O

22-07-2010

Cunha área metropolitana de 20 millóns de habitantes, 6 veces máis que a poboación de toda Galicia, a cidade do Cairo é a urbe máis grande do mundo árabe. Coñecida como «a nai de todas as cidades» e «a cidade dos dous mil minaretes», O Cairo é un ir e vir de xentes, cultura e historia.

Capital dunha das máis importantes e enigmáticas civilizacións do mundo antigo. A súa historia discorre á beira dun río, o Nilo, do reino dos faróns e dunha impoñente arquitectura que ten o seu máximo expoñente nas pirámides.

As súas rúas, barrios, cafés e mercados configuran unha cidade con identidade única, que debuxa vidas paralelas, entre as que moverse. Sóbranlle cualificativos: caótica, populosa, vital… pero sobre todo engaioladora.

Galegos no Cairo

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Alex Ramilo

Alex Ramilo é de Carballo, traballa para a Delegación Europea no Cairo. Despois de vivir en Sarajevo, Bruxelas, Luxemburgo e Níxer, O Cairo é a súa residencia actual. A súa casa está en Zamalek, unha das illas habitadas que hai no Nilo. Festexamos o seu aniversario visitando a famosa Cidadela e contaxiándonos da vida que bule no centro do Cairo.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

María Ferreiro

María Ferreiro é química da Coruña, xefa de obra na construción dunha central térmica pioneira no mundo que se está a construír preto do Cairo. Estamos con ela a pé de obra, polo Nilo rural e Kuraymat que lle serven para relaxarse e aliviar a tensión do estrés laboral.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Sandra Gil

Tras rematar o seu contrato como voluntaria de Nacións Unidas no Cairo, Sandra Gil decidiu que era hora de gozar dun tempo máis alá. Con esta rapaza, natural de Ponteareas percorremos o que din que é o zoco máis grande do mundo, Kahn el Khalili, as rúas máis fermosas do Cairo islámico. E coñecemos a vida noturna desta populosa urbe, reservadas para estranxeiros e unha minoría de xente nova do Cairo de clase alta.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Óscar Pérez

Óscar Pérez é enxeñeiro industrial e traballa moito, quédalle pouco tempo para integrarse na vida do Cairo tanto como quixera; diso encárgase Natalia que vén de facer moitos amigos entre a xente local, entre eles o beduíno Ahmed con quen compartimos unha travesía polo deserto a cabalo antes de chegar á súa casa, en pleno oasis. Óscar e Natalia acompáñanos tamén ás famosas pirámides de Giza e Sakkara.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]