Budapest

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Budapest

18-11-2014

Budapest é a capital e cidade máis poboada de Hungría, con 1,74 millóns de habitantes.

 

Budapest converteuse nunha única cidade unindo Buda, Óbuda e Pest, a ambas beiras do río Danubio en 1873

É considerada unha das cidades máis belas de Europa e conta con varios lugares Patrimonio da Humanidade, como as beiras do Danubio ou o Castelo de Buda.

 

En 1934, Budapest recibiu o título de “Cidade de Balnearios” por ser a capital que dispón de máis pozos de augas termais e medicinais do mundo, nun total de 80 mananciais xeotérmicos.

Galegos en Budapest

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Cristina Blanco

Chegou a Budapest cunha bolsa e acabou atopando traballo. Hoxe, case 3 anos despois, amósanos as dúas partes da cidade: Buda e Pest. Imos ao Mercado Central, ao Castelo de Buda, á igrexa de San Matías e rematamos na súa casa nun típico edificio húngaro.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Diego Pernas

Só leva 3 meses na cidade, pero xa é todo un namorado de Budapest. O coruñés, de 27 anos, amósanos o barrio xudeu, a coñecida Ponte das Cadeas e un Ruin Bar: un pub situado nun edificio en ruínas.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Simón Castiella

Estuda Administración e Dirección de Empresas na Coruña, decidiu vir a Budapest a pasar o seu Erasmus e agora considéraa a mellor experiencia da súa vida. Con el paseamos pola beira do Danubio e subimos ao seu lugar favorito da cidade: o monte Gellert.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Carmen Rodríguez

Chegou a Budapest hai 10 meses para facer o seu Erasmus e quen mellor ca ela para amosarnos a súa fermosa Universidade. A viguesa lévanos tamén á Ponte da Liberdade, á Praza dos Heroes, a tomar unha comida típica húngara e subimos na antiga liña amárela do metro.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Rosa Parra

O prestixio da Universidade de Budapest fixo que  decidira estudar Medicina na cidade húngara. Hoxe, 4 anos despois, a coruñesa lévanos ver a Basílica de Santo Estevo, damos un paseo nun coche antigo e vemos un dos balnearios máis coñecidos, onde a xente maior xoga ao xadrez na auga.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]