Bucarest

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Bucarest

28-07-2011

Antigamente coñecida coma o “París de Oriente”, Bucarest é a capital de Romanía. A cidade máis próspera de Europa Oriental caracterízase polas súas amplas avenidas cargadas de árbores. Arquitectonicamente, é unha mestura de todos os estilos: dende o medieval, pasando polo art nouveau ata o contemporáneo.
O centro de Bucarest posúe unha gran cantidade de atractivos turísticos. Preto da Praza da Revolución atópase o Palacio Real, o cal alberga o Museo Nacional de Arte. Esta zona tamén é un excelente lugar para disfrutar da gastronomía local ou da vibrante vida nocturna. Grazas a todas estas virtudes e a moitas máis, a cidade da alegría (como o seu nome indica), está a espertar un crecente interese por parte de viaxeiros de todo o mundo.

Galegos en Bucarest

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Mario Balboa

Ten 29 anos e é de Sarria, Lugo. Chegou a Bucarest hai 4 anos para facerse cargo da área de expansión da construtora na que traballaba. Con Mario iremos ata o barrio de Lipscani, no cal se concentra a principal zona de bares, pubs e restaurantes.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Fausto López

Ten 43 anos e naceu en Vigo. Este profesor de español quedou prendado de Romanía durante unha viaxe en bicicleta. Tanto é así, que cando a súa moza canaria aceptou unha oferta de traballo neste país, non dubidou en ir tras ela. Con este vigués faremos un percorrido pola historia de Romanía, dende os tempos de Drácula ata a Revolución Romanesa e a execución do ditador Nicolae Ceaucescu.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Corona Romero

Ten 32 anos e é natural das Pontes, A Coruña. Esta arquitecta traballaba nunha empresa que viu en Romanía posibilidades de negocio, así que convenceu ó seu mozo para ir vivir a Bucarest . Con ela descubriremos as peculiaridades dos edificios máis característicos da cidade.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

María Méndez

Ten 50 anos e a súa cidade natal é Ferrol. Está casada cun deputado romanés e ten unha filla de 15 anos que adora Galicia. Ó seu carón visitaremos o edificio público máis grande de Europa.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Pilar Veiga

Ten 36 anos e é de Narón, A Coruña. Esta mestra do Instituto Cervantes leva sete anos en Bucarest. Canda ela coñeceremos a Romanía máis rural e visitaremos o Mosteiro de Snagov, onde descansan as reliquias de Drácula

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]