Bruxelas

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Bruxelas

26-08-2010

Galegos no mundo está presente na sede da Comisión Europea, do Consello de Europa e do Parlamento porque Bruxelas é, oficiosamente, a capital da Europa Comunitaria.

Un paseo pola capital belga permitiranos gozar de marabillas arquitectónicas como a Grand Place, descubrir recantos onde nos sorprenden estatuas como a do Maneken Pis e tamén saborear as pequenas delicias gastronómicas da cidade, como o chocolate, a cervexa ou os mexillóns.

Galegos en Bruxelas

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Juan Oliver

O xornalista Juan Oliver é a persoa máis axeitada para coñecer a complexidade política de Bélxica. Con este coruñés de 39 anos subimos a Basilique, que ofrece as mellores vistas da cidade, descubrimos a capela da Nosa Señora de Fisterra e outra forma de comer os mexillóns na chamada rúa dos carniceiros. E non falta un dos pequenos símbolos da capital: o Maneken Pis, ou o que é o mesmo o neno mexando, que ten a súa réplica feminina.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Nuria Aldou

Nuria Aldou politóloga e música, leva 5 anos en Bruxelas. Compaxina o seu traballo en institucións europeas coas actuacións co grupo musical galego afincado en Bruxelas, Ialma, na que é voz e percusión. Asistimos con ela a un dos ensaios. Tras a sesión musical imos tomar o aperitivo nunha irmandade galego-asturiana e acabamos no principal mercado de antigüidades da capital belga, cheo de obxectos curiosos.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Ana Miranda

Ana Miranda naceu en Cuntis hai 39 anos e Xulia a súa filla naceu en Bruxelas hai sete. Ana traballa no Parlamento Europeo e trata de conciliar a súa apurada vida laboral coa da súa filla. Convídanos a acompañala nun día de comisión no Parlamento, para que vexamos o ritmo que por alí bule. Con Xulia imos xogar ao parque Minieuropa no que están representadas as principais cidades europeas.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Adolfo Cameselle

Adolfo Cameselle recíbenos na súa casa e constatamos a grande afección que sente pola música en vinilo porque ten uns 12000 discos. Este fotógrafo traballa en Bruxelas dende hai 15 anos. Amósanos o barrio africano de Bruxelas no que vive, Matongué. Situado xusto a carón do distrito de negocios e do Parlamento Europeo, era o punto de chegada dos africanos procedentes na súa maioría do antigo Congo Belga.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Andrés Barreiro

Os intérpretes permiten aos 27 países da Unión Europea falar entre si, trasladando os asuntos europeos a 23 idiomas, impedindo que este organismo se converta nunha Torre de Babel. Metémonos nas cabinas dun deses tradutores, Andrés Barreiro, un coruñés de 43 anos que comezou a traballar hai 10 anos para o Servizo de Interpretación no Parlamento, antes de pasar a Comisión.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Xavier Queipo

Biólogo, médico e escritor e administrativo comunitario, Xavier Queipo convídanos á presentación do seu último libro, Cartas marcadas . Hai 20 anos mudou Santiago de Compostela por Bruxelas. Galegos no mundo pasea con Xavier polo parque de Teurem, polo Museo de África Central e entra no Café librería Pasaporte.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Olalla López

Acompañamos a Olalla López ao parque do Cincuentenario onde adestra para o gran maratón de Bruxelas. E para recuperar forzas nada mellor que un pequeno tour polas mellores pastelerías e chocolaterías da cidade. Esta monfortina de 31 anos, leva 5 en Bruxelas onde traballa para o equipo de pesca de WWF (ADENA).

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]