Bristol

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Bristol

6-12-2013 No suroeste de Inglaterra atopamos Bristol, cos seus 432.000 habitantes é a oitava cidade de Inglaterra, aínda que durante moitos anos foi a segunda despois de Londres. O río Avon desemboca no seu porto, e dende o século XII foi un dos máis importantes centros de comercio entre Inglaterra e Irlanda. Á súa vez Bristol converteuse, xunto con Liverpool, no punto de comercio de escravos entre 1700 e 1807, levando dende África ata Norteamérica máis de medio millón de escravos.Bristol é coñecida pola súa industria musical e do cine, polos seus puntos verdes e por ser finalista para ser nomeada Capital Europea da Cultura en 2008.

Galegos en Bristol

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Sonia Varela

Ao non atopar traballo tras rematar os seus másters, Sonia Varela decidiu seguir os pasos do seu mellor amigo e emigrar a Brístol. Agora dá clases de italiano e coida unha rapaza, e lévanos a tomar o típico almorzo inglés, a unha tenda de comestibles españois e a pasear entre os graffitis de Banksy.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Laura López 

Laura López é unha viguesa de 37 anos que leva xa 13 en Brístol. Aquí traballa como asistente de terapeuta e, no seu tempo libre, practica o roller derby, un deporte de contacto do que nos fai unha demostración. Da súa man descubriremos a zona vella da cidade e probaremos a sidra típica nun barco-bar.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Ana Regueiro

A lucense Ana Regueiro chegou a Bristol hai 9 anos para facer un curso de 6 semanas, pero na- morou da cidade e dun inglés, e montou a súa propia empresa de traballo temporal. Imos con ela a unha carreira de cabalos e á súa casa, nunha zona residencial tipicamente inglesa.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Manuel Álvarez

Manuel Álvarez traballa como odontólogo para a seguridade social inglesa dende hai 4 anos. Con el facemos dúas excursións: a Bath, unha histórica e fermosa cidade patrimonio da humanidade, e a Portishead, a coñecida cidade costeira que deu nome ao grupo de trip hop..

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Christian Vázquez

Christian Vázquez era peixeiro na Coruña, e en Brístol continuou moi vinculado a este sector tra- ballando nun popular fish & chips. Entramos na cociña do seu restaurante e vemos como se prepa- ra o típico prato, damos unha volta polo seu barrio e tomamos algo no pub máis antigo da cidade.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Santiago Rodríguez 

Tras licenciarse en bioloxía en Santiago de Compostela, Santiago Rodríguez leva xa 11 anos dando clases na Universidade de Brístol. El amósanos o barrio de Clifton, co edificio Wills Memo- rial, as Victoria Rooms e a icónica Ponte en Suspensión.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]