Boston

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Boston

11-11-2013

Boston é a capital e cidade máis poboada de Massachusetts, nos EEUU, con 636.479 habitantes.
En 1630, os colonos chegados de Inglaterra fundaron a cidade e durante finais do século XVIII foi o lugar onde ocorreron algúns sucesos importantes da revolta pola Independencia dos Estados Unidos: a masacre de Boston e o Motín do Té.
Con multitude de facultades e universidades dentro da cidade e nos arredores, a súa economía baséase na investigación, a electrónica, a enxeñería, as finanzas, a tecnoloxía e a biotecnoloxía, principalmente.
Boston ocupa o primeiro lugar do país en número de postos de traballo por metro cadrado e é unha das cidades con mellor nivel de vida no mundo, así como unha das máis caras.

Galegos en Boston

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Yolanda Rodríguez

Coñeceu ao seu marido mentres estudaban enxeñería de telecomunicacións. Leva dous anos con el en Boston grazas a unha bolsa de estudos, e hoxe lévanos polos puntos máis cinematográficos da cidade: os xardíns públicos, o bar de Cheers e un adestramento de soft-ball.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

David Lago

É un vigués de 30 anos, acaba de montar a súa propia empresa en Boston. Leva ano e medio na cidade e está casado cunha americana. Con el percorremos a Plimoth Plantation, unha recreación de cando chegaron os primeiros colonos, e visitamos Provincetown, a famosa vila gay.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

María Taboada

Antes que en Boston, ela xa vivira en Manchester e Londres. Esta compostelá de 39 anos amósanos o seu traballo como directora de marketing na Sociedade de Arquitectos de Bos-ton. Con ela tamén vemos os seus edificios favoritos da cidade e recreamos o histórico Motín do Té.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Emilio Gutiérrez

Leva un ano vivindo en Cambridge, a “ribeira esquerda de Boston”. Este moañés de 34 anos lévanos dar un paseo polo campus do MIT, onde pasamos por diante da facultade de Mark Zuckerberg en Harvard. Rematamos no club de remo onde vai adestrar cada mañá ás 5:30.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Rosa Gómez

Despois dunha visita a Boston cos amigos, decidiu quedar na cidade. 22 anos des-pois, acompáñanos a dar unha volta polo South End, o barrio máis caro e con máis historia da cidade. Tamén imos ata o TD Garden onde xogan os Boston Celtics e rematamos na súa casa brindando cun licor feito pola súa avoa galega.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]