Bos Aires

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Bos Aires

30-06-2011

Bos Aires ten unha poboación de preto de 3 millóns de habitantes. É a cidade máis europea de América Latina, medrou á beira do Río da Prata -tan ancho que moitos viaxeiros o confunden co mar–. A súa Avenida 9 de xullo, principal arteria da cidade, é o orgullo dos porteños por ser a máis ancha do mundo, e está presidida polo seu símbolo, o Obelisco. A paisaxe natural da rexión é verde e húmida. Bos Aires é un dos polos culturais do continente. Foi elixida pola Unesco coma Cidade do Deseño en 2005 e como Capital Mundial do Libro en 2011. É a cuarta no ranking mundial do teatro e ten máis salas ca Nova York. O barrio de Boca, antigo asentamento de escravos, converteuse nun reclamo turístico grazas ao seu emblemático café-tango “Caminito” e ás súas casas de cores. Pero un non pode marchar de Bos Aires sen visitar San Telmo, onde habitaron as historias de Mafalda, ou visitar Recoleta, onde un ten a sensación de pasear polas rúas de París. A cada paso, en calquera lugar, Bos Aires soa a tango, unha megalópole que nunca para.

Galegos en Bos Aires

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Carlos Brandeiro

40 anos, natural de San Román de Cedeira. De alí marchou hai oito anos para dar clases no Santiago Apóstolo en Bos Aires, o primeiro colexio galego no exterior, que conta con 500 alumnos. Entraremos con Carlos na cafetería Tortoni, a máis antiga de Bos Aires, situada no que eles denominan o “Microcentro” e rexentada por un galego.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Arturo Lezcano

Ten 34 anos e é da Coruña. Estudou xornalismo en Santiago pero ó pouco tempo de acabar a carreira decidiu buscarse a vida fóra de Galicia. Logo de traballar en moitos países, ten a súa base de operacións en Bos Aires, aínda que o seu traballo de xornalista obrígao a viaxar constantemente por toda América Latina. Con el iremos ao popular barrio de Boca e á milonga, o lugar onde se pon música de tango e os homes sacan a bailar ás mulleres.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Alfredo Enríquez

54 anos, naceu en Bande (Ourense). A media hora do centro de Bos Aires está Banfield, un barrio de estilo inglés no que vive xunto con outros moitos galegos. Chegou a Arxentina moi pequeno acompañando aos seus pais. Con Alfredo visitaremos os símbolos da cidade, o Obelisco, a Praza de Maio e a Casa Rosada, sede do goberno arxentino.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Maite Riveiro

Ten 37 anos e é de Pontevedra. Maite é unha muller independente, formouse en Alemaña como analista financeira e traballa en investimentos internacionais. Desde hai 11 anos vive en Bos Aires, no barrio de Recoleta. Percorreremos con ela o barrio de San Telmo, onde descubriremos os mercados de antigo.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Manuel Corral

58 anos, naceu en Sober (Lugo). A muller, arxentina de orixe galega, foi a causa de que acabase montando un restaurante en Bos Aires. Con este home polifacético, que compaxina no terreo laboral a cociña coa literatura e o xornalismo, coñeceremos o centro gastrónómico da cidade, chamado “Palermo Hollywood”, no barrio de Palermo, e pasearemos polo seu bosque.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]