Bordeos

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Bordeos

14-03-2015

Situada ó suroeste de Francia, Bordeos é a quinta cidade do país galo, segundo a súa
poboación. Só na cidade conta con case 240 000 habitantes que, coa súa área metropolitana, chegan
ós 719 489.
Bordeos é a capital da rexión da Aquitania, pola que se estenden os seus viñedos e châteaux,
dos que proceden os caldos bordeleses, mundialmente coñecidos.
O seu conxunto histórico está considerado Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Nel
destaca a ribeira do río Garona, na que se atopa o Espello de Auga, a Praza da Bolsa e a Ponte de
Pedra.
Bordeos foi unha importante cidade do Imperio Romano, coñecida como a “pequena Roma
francesa”. Na actualidade quedan aínda os restos dun antigo anfiteatro que tivo capacidade para
17 000 espectadores.

Galegos en Bordeos

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Tania Álvarez

Tania Álvarez recíbenos en Bordeos cando se atopa no sétimo mes do seu embarazo. Ten 33
anos e é profesora de español. Chegou a Bordeos como algo temporal pero, como ocorre tantas
veces, o amor fíxoa quedar. Con ela visitamos algún dos lugares máis emblemáticos da cidade,
como a Praza da Bolsa e o Espello de Auga.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Fidel Besada

A Fidel Besada apareceulle unha oportunidade laboral en Bordeos e non o pensou dúas veces.
Agora traballa como informático nesta cidade francesa na que leva dous anos. Da súa man coñecemos
a zona de praias máis visitada polos bordeleses: a baía de Arcachón e a Praia de Cap Ferret.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Ruth López

Ruth López chegou dende Vigo a Bordeos para traballar como enfermeira. Alí coñeceu o que agora
é o seu mozo e xa non quixo marchar. Catro anos despois da súa chegada acompañamos a
Ruth pola cidade no día da Festa da Música. Coas rúas cheas de ritmo e baile visitamos algúns
lugares como a Grosse Cloche e o antigo anfiteatro romano.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Luli Pontes

Luli Ponte leva xa 34 anos en Bordeos e alí dedícase, cada día, a servirlles a comida ós centos de
estudantes que pasan polo seu restaurante. Con ela imos facer a compra ó Mercado dos Capucins
e, acompañados do seu marido, coñecemos as bondados dos viños bordeleses.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Luís Sánchez

Nada máis casar Luís Sánchez foise para Bordeos cando só tiña 20 anos. Agora, despois de 51
anos nesta cidade, xa lle tarda regresar á súa Silleda natal. Con Luís imos coñecer o barrio de
Saint Michel e, por suposto, o seu restaurante, onde se reúnen moitos dos galegos da cidade.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]