Birmingham

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Birmingham

4-11-14

Birmingham é a segunda cidade máis importante do Reino Unido con máis dun millón de habitantes. Está enclavada no centro de Inglaterra e isto fai que estea moi ben comunicada con Londres (a 1h e media) e coas cidades do norte (Manchester e Liverpool).
Historicamente foi un gran centro económico, de feito dise que Birmingham foi o berce da revolución industrial e que era coñecida como a «cidade dos mil negocios». Na actualidade xa superou ese estigma e, sendo como é un importante centro financeiro, a cidade ven desenvolvendo unha gran transformación e modernización nos últimos anos (especialmente desde o punto de vista arquitectónico).
Un dos atractivos de Birmingham son os seus canais, que suman máis quilómetros que ningunha cidade europea, por riba de Venecia.
Moi preto de Birmingham está Stratford-Upon-Avon unha das vilas máis bonitas de toda Inglaterra e lugar de nacemento de Shakespeare. Aquí chegan todos os días turistas de todo o mundo atraídos pola súa beleza e polas pegadas que deixou o gran literato inglés.

Galegos en Birmingham

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Paloma Trigás

Paloma Trigás leva xa 11 anos en Birmingham, e está perfectamente adaptada á vida británica. Aquí está emparellada e ten unha filla, Sabela. Esta viguesa conta aquí ademais co seu propio grupo de música co que toca por toda Inglaterra, The Urban Folk Quarter. Con ela vemos un dos seus ensaios e a impresionante nova biblioteca de Birmingham.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Almudena León

Almudena León é de Bande en Ourense. Veu a Birmingham para 6 semanas e xa leva 16 anos. Co seu marido Alan e os seus dous fillos xemelgos de tres anos, vive nun fermoso barrio residencial da cidade. Vemos con ela Victoria Square, un hotel na campiña, e a Custard Factory, un gran centro artístico e de tendas alternativas.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

David García

A Universidade de Birmingham ten un dos campus máis grandes do Reino Unido. Aquí está o Centro de Estudos Galegos, que o dirixe o compostelán David García. Este mestre de 41 anos coñece ben os barrios máis interesantes da cidade despois de xa case 16 vivindo aquí. Lévanos ver Moseley e Bournville, onde se atopa a famosa fábrica de chocolate de Cadbury.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Tatiana Regueira

Tatiana Regueira é de Arteixo e vive en Birmingham co seu mozo, que tamén é da mesma localidade coruñesa, desde hai ano e medio. Ela traballa de aparelladora e el de recepcionista. Con eles visitamos Stratford-Upon-Evon, lugar de nacemento de Shakespeare, unha vila que parece tirada dunha película.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Ismael González

Ismael González traballaba en Vigo no mundo da automoción, ata que lle saíu unha oferta laboral para facer o mesmo en Inglaterra. Vive en Birmingham coa súa muller e os fillos, e aínda que ao principio tiña moita morriña, agora goza coas posibilidades que lle ofrece a cidade. Con el visitamos Brindley Place, a zona dos canais, un dos lugares máis bonitos da cidade e onde se concentran restaurantes e bares.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]