Berna

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Berna

09-06-2011

Berna capital de Suíza, ten unha poboación duns 120 000 habitantes. É unha cidade limpa e silenciosa, ordeada e puntual. A súa zona vella consérvase intacta dende a Idade Media e a Unesco declarouna Patrimonio da Humanidade. Ten máis de 6 quilómetros de arcos e soportais, o que a converte no maior centro comercial cuberto de Europa.

O Río Aar rodea e protexe a cidade de xeito natural, o rural penetra a cidade cunha harmonía da que poucas capitais mundiais poden presumir e do leite das súas vacas saen os famosos queixos Emmental ou Gruyere. Pero o símbolo de Berna non é unha vaca, senón un oso do que toma o seu nome. Segundo conta a lenda o duque Bertoldo V de Zaringía, fundador da cidade, tras cazar un oso, e en recordo da fazaña púxolle ese nome (Bär, pronunciado Ber en alemán significa oso).

Galegos en Berna

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Manuel Crespo

Ten 47 anos, natural de Rodeiro (Pontevedra) Hai máis de 18 anos que marchou para Berna. Empezou dende abaixo, fregando pratos, e hoxe rexenta o Restaurante Cabanha. Acompañarémolo ata a famosa vila de Gruyere, situada en plena montaña suíza, onde as novas vivendas teñen que construírse con madeira autóctona.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Carlos Fraga

34 anos e natural de Coristanco; veu de vacacións e quedou por unha aposta. Desde hai 8 anos traballa no sector da construción. Con el comprobaremos o funcionamento do reloxo máis famoso da capital suíza, que leva dando a hora exacta sen parar máis de 400 anos. E tamén daremos unha volta polo popular “Festival do Queixo” de Berna no que se poden degustar máis de 90 variedades.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Dolores García

49 anos e orixinaria de Moraña (Pontevedra); tiña 19 anos cando deixou a súa casa para buscar novas experiencias. Despois de realizar diferentes traballos como dependenta, fíxose un oco na hostelaria. Agora rexenta un restaurante na vila gandeira de Frauchthal que está a uns 15 quilómetros da cidade de Berna. Acudiremos a un desfile de vacas suízas na comarca do Emmental.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Julia Fernández

32 anos e de Vilalba. Chegou a Suiza cando apenas tiña 7 anos. Fala perfectamente o bernés e o seu mozo é diplomático para as Nacións Unidas. En Berna traballa como restauradora nunha residencia de maiores. Con ela imos saber como se coida á terceira idade en Suíza.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Jose Antonio Calvo

42 anos, naceu en Coristanco e vive desde hai 25 anos en Berna. Casou cunha Suiza e teñen tres fillos. A familia vive na localidade de Bremgarten que está a cinco minutos de Berna. Cando non traballa nunha das fábricas de chocolate suizo maís coñecidas do mundo,”Toblerone”, acostuma a pescar no río Aar, o máis importante da cidade.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]