Basilea

BASILEA-SUIZA

Basilea

06-02-2014
Hoxe visitamos Basilea, unha cidade suíza emprazada case na fronteira entre Francia e Alemaña. Conta con máis de 170.000 habitantes e tamén é coñecida como Dreiländereck, literalmente “esquina de tres países”, ou District des trois frontières, “distrito das tres fronteiras”, en francés.
A historia de Basilea remóntase ao século VI a.C. cando os celtas se asentaron na beira do Rhin. O nome de Basilea menciónase por primeira vez nun documento de 374.
A súa Universidade é a máis antiga de Suíza e foi fundada en 1459 polo Papa Pío II. Entre algúns dos profesores máis famosos que pasaron por ela atópase Erasmo de Rotterdam, Paracelso ou Friedrich Nietzsche.

Galegos en Basilea

Making Of


Mais información

function mfTempOpenSection(id){var block=document.getElementById("mf-section-"+id);block.className+=" open-block";block.previousSibling.className+=" open-block";}

Basilea[1] (alemán: Basel ['ba:zəl]; francés: Bâle [bɑl]; italiano: Basilea [bazi'leːa]) é a terceira cidade máis poboada de Suíza despois de Zúric e Xenebra. No 2010 tiña 169 019 habitantes e 690 000 habitantes na conurbación, que se espalla aínda polos cantóns veciños.

Xeografía

Situada ao Noroeste de Suíza, sobre o río Rin e fronteiriza con Alemaña e Francia, Basilea é un centro industrial de importancia pola súa industria química e farmacéutica. A rexión de Basilea, que culturalmente se estende ata Baden-Württemberg (Alemaña) e cara a Alsacia (Francia), reflicte a herdanza dos tres Estados, no nome moderno que ostenta en latín: Regio TriRhena. Dispón da universidade máis antiga da Confederación Helvética (1460).

Historia

As orixes de Basilea remontan ao asentamento romano de Augusta Raurica, aínda que se teñen descuberto asentamentos celtas máis antigos. A posición estratéxica da cidade, coa única ponte sobre o Rin entre o lago Constanza e o mar, afirmou a súa importancia. A partir de 999 a cidade foi gobernada por bispos-príncipes baixo o dominio nominal do emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico. En 1225-1226 o bispo Heinrich von Thun construíu unha ponte sobre o Rin, fundándose o barrio de Kleinbasel (Pequena Basilea) como protección da nova ponte.

A cidade rexistrou unha importante actividade bibliográfica no século XVI, sendo nela onde se publicaron o libro de Xoán Calvino Christianae religionis institutio, no cal expón a súa doutrina relixiosa, e o primeiro libro de anatomía humana, De humani corporis fabrica, cuxo autor foi Andreas Vesalius.

En 1792 proclamouse a República de Rauracia en terreos do Macizo do Xura, abranguendo a cidade. A existencia desta brevísima república, de tan só tres meses de vida, cómpre enmarcala no proceso de creación de estados satélites de Francia, todos eles cativos e de curta duración, que se deu en territorios veciños ao país galo no transcurso da Revolución Francesa.

Cultura

Messezentrum Basel

Deporte

Basilea ten en Suíza unha reputación de cidade deportiva. O FC Basel é un dos mellores equipos do campionato suízo de fútbol nos últimos anos. No estadio do FC Basel, St. Jakob-Park, realizouse a cerimonia de apertura da Eurocopa 2008, así como tres partidos da primeira rolda, dous de cuartos de final e un de semifinal.

O equipo profesional de baloncesto de Basilea, os Starwings, é o único equipo da Suíza alemá que participa na Liga de primeira división suíza (LNBA), e en 2010 coroouse campión da Copa de Suíza.

O maior evento indoor de tenis do país celébrase en Basilea cada mes de outubro: o Davidoff Swiss Indoors reúne aos mellores tenistas do ATP.

A Asociación Internacional de Balonmán tiene a súa sede en Basilea. A UEFA fundouse o 15 de xuño de 1954 en Basilea. O campionato europeo de Skateboard (European Skateboard Championships) ten lugar anualmente en Basilea.

Lugares de interese

A Basel Münster de noite.
  • Basel Münster. Orixinariamente unha catedral católica e hoxe en día unha igrexa protestante, foi erguida entre 1019 e 1500 en estilos románico e gótico. O vello edificio románico foi destruído en 1356 por un sismo e reconstruído posteriormente.
  • Antikenmuseum Basel und Sammlung Ludwig, o Museo de Arte Antiga de Basilea e Colección Ludwig. Está adicado en exclusiva á arte de civilizacións antigas dende o cuarto milenio antes de Cristo ata o século VII d C. É o único deste tipo en Suíza e amosa pezas da rexión mediterránea.
  • Historisches Museum Basel, o Museo de Historia de Basilea. Aberto en 1894, acolle a colección de pezas máis completa que existe da historia das civilizacións do Alto Rin, proxectándose dende a Idade Media ata o Barroco, entre as que salientan as que conforman o legado de Erasmo de Rotterdam. Está situado na antiga igrexa Barfüsserkirche de Basilea.

Notas

  1. 1,01,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para basiliano.

Véxase tamén

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Basilea

Outros artigos

Ligazóns externas

source: http://gl.wikipedia.org/wiki/Basilea

Comparte este destino

jchallettBasilea