Atenas

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Atenas

11-11-2014

Atenas é a capital de Grecia e a cidade máis importante do país. Conta cunha poboación de 600 000 habitantes, aínda que se contamos toda a súa área metropolitana, Atenas ten tantos habitantes como Galicia enteira.

Esta cidade é unha das máis antigas do mundo e hai constancia dela desde hai máis de 3000 anos. Na antigüidade foi o epicentro de toda a vida económica, política e social da cultura occidental, e tivo unha grandísima importancia na formación da democracia e de moitos dos conceptos e leis que rexen a nosa cultura na actualidade.

Atenas conta con innumerables restos arqueolóxicos de todas as épocas pero entre eles destaca especialmente a acrópole, ou o que sería a gran cidade da antigüidade onde estaban os lugares de culto. Na acrópole hai que salientar o partenón, o extraordinario templo dedicado á deusa Atenea, a protectora dos atenienses.

Atenas, ademais do seu pasado, é na actualidade unha cidade mediterránea, chea de vida e bulicio, que ofrece múltiples posibilidades.

Galegos en Atenas

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

María José Martínez

É de Ferrol e viviu moitos anos en Atenas ata que se cansou do ruído da cidade. Agora ten unha taberna na península do Peloponeso, en Methana, a vila do seu home, un grego que coñeceu en Ferrol hai máis de 35 anos, que son os que leva en Grecia. As súas fillas e netos seguen en Atenas e ela foi de visita á cidade da acrópole e amósanos un mercado de peixe e o partenón.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Sara Moreno

Ten 23 anos e só leva 5 meses en Atenas. Traballa como deseñadora de moda e namorou dun grego, razón pola que veu desde o seu Nigrán natal a Grecia para buscarse a vida. Ela amósanos o estadio que acolleu en 1896 os primeiros xogos olímpicos da era moderna e vemos o solpor desde unha magnífica terraza.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Xavier Bello

O Pireo é o porto de onde saen todos os barcos para as máis de dúas mil illas que hai en Grecia. Aquí vive desde hai 2 anos Xavier Bello,  coa súa parella grega e a súa filla Helena. Con este santiagués de 50 anos imos a unha das illas habitadas que están máis próximas a Atenas, Égina.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Teresa Infante

Ten 57 anos e é do Vicedo. Ela é unha namorada de Grecia, tanto que hai  25 anos deixou a súa praza fixa de profesora en Galicia e montou unha academia de idiomas en  Atenas onde imparte clases de español e de galego. Ela amósanos as pegadas da historia na cidade, cun paseo polo centro histórico.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Jose Faro

A Praza Syntagma de Atenas fíxose moi coñecida en todo o mundo a raíz das manifestacións do pobo grego contra os recortes que se fixeron no país desde o comezo da crise en 2010. Visitamos este lugar con Jose Faro, un vigués que leva catro meses traballando aquí para unha compañía de voo. Tamén vemos o famoso cambio de garda.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]