Anveres

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Anveres

13-05-2013

A tan só cincuenta quilómetros de Bruxelas está Anveres, que con pouco máis de 500 000 habitantes, é a segunda cidade máis importante de Bélxica. Situada á beira do río Escalda, esta localización é a que lle concede a súa dimensión internacional, sendo considerado o de Anveres, o segundo porto marítimo máis importante do continente europeo.

Nesta metrópole atópase a maior comunidade xudía de Europa. E foron precisamente os xudeus os que comezaron o negocio do pulido de diamantes, de grande importancia na actualidade, ata o punto de ser Anveres coñecida como a capital mundial dos diamantes.

Tamén é famosa como a cidade da moda, grazas ao impulso dos deseñadores coñecidos como “Os Seis de Anveres” esta urbe ten unha das escolas de moda máis importantes do mundo, o Flanders Fashion Institute e un museo de moda, o MoMu, que así o demostran. E por suposto, non se pode falar de Anveres e non mencionar a figura do omnipresente pintor barroco Rubens, pois foi nesta urbe onde o artista desenvolveu a maior parte do seu traballo e onde pasou os seus derradeiros días.

Galegos en Anveres

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Manuel Taín

De 71 anos e oriúndo de Becerreá, leva 48 anos en Anveres. Despois de toda unha vida traballando para o Estado belga, agora está xubilado mais aínda segue en activo ocupando o seu tempo nunha das cousas que máis lle gustan, as bicicletas. Visitámolo no mercadiño onde as arranxa e achegámonos ate o que foi o primeiro rañaceos de Europa.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Xosé Pena

Moitos mariñeiros galegos chegaron a Anveres para traballar na mariña mercante belga. É o caso de Xosé Pena, un moañés de 58 anos que, co tempo, decidiu que era mellor montar un restaurante para estar máis tempo coa familia. Con el paseamos pola beira do río Escalda e visitamos o castelo no que viviu o pintor Rubens até a súa morte.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Miguel Espantoso

Natural de Ferrol, Miguel Espantoso, de 54 anos chegou a Anveres con 6 anos seguindo a seus pais. Foi piloto de aviación en Canadá e despois, por circunstancias da vida, acabou rexentando un dos restaurantes máis antigos de toda Bélxica. Entre outras moitas cousas, da súa man coñecemos o barrio vermello de Anveres.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Maximino Araújo

Nacido en Ourense hai 66 anos, Maximino Araújo, coñecido como “O Yeyé”, chegou a Bélxica hai 46 anos despois de pasar por Francia, onde xogou ao fútbol co Metz na primeira división. En Anveres dedicouse ó negocio da reparación de barcos. Acompañámolo nunha visita polo segundo porto máis importante do continente Europeo.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Isabel Cupeiro

Isabel Cupeiro, ten 24 anos e é de Ferrol. Veu estudar a Anveres por causa da súa actual profesora de violonchelo. Imos con ela a unha das prazas máis fermosas de Europa e coñecemos o Conservatorio onde pasa gran parte do tempo exercendo a súa paixón, a música.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Sabela Pérez

Avogada coruñesa de 30 anos, traballa na Comisión Europea en Bruxelas pero vive en Anveres co seu home e os seus dous fillos. Xa leva aquí catro anos e con ela visitamos a catedral, a casa onde viviu o pintor Rubens e o barrio xudeu.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]