Amsterdam

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Amsterdam

29-07-2010

Ten máis pontes ca París e máis canles ca Venecia. Van Gogh ou Rembrandt habitan nos seus museos, que acollen algúns dos cadros máis famosos do mundo. Unha cidade na que o gusto polo tradicional e o moderno conflúen sen conflito dentro dun espazo urbano amable para a vida.

Sempre á vangarda da tolerancia e o progresismo, na conduta da súa xente e na promulgación das súas leis. O seu nome evoca o barrio Vermello, coffee shops ou tulipáns e a bicicleta é a raíña do asfalto.

Galegos en Amsterdam

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Fernando Sabajones

No barrio Vermello de Amsterdam Fernando Sabajones ten o seu restaurante galego, o primeiro da cidade. Con este pontevedrés visitamos o barrio Vermello, os arredores da Sint Nicolaaskerk e, subidos a un barco, comprobaremos porque a Ámsterdam a chaman a Venecia do norte.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Javiez Paz

Javiez Paz descubriranos a singularidade da arquitectura e do urbanismo holandés. Quedamos con este arquitecto de Sada na Estación Central de Ámsterdam. Ninguén mellor ca un arquitecto para levarnos de paseo pola cidade das casas inclinadas e da arquitectura de vangarda.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Lucía Cortiñás

Ámsterdam é a cidade perfecta para vivila sobre as rodas dunha bicicleta. Percorreremos a cidade con Lucía Cortiñás, esta ourensá de 24 anos, que vive nunha casa con xardín a 45 minutos en bici do centro, onde traballa de operadora de vídeos e montadora en Salto, unha televisión local.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Lydia Castro

Chegou á cidade por amor. Lydia Castro, bióloga molecular, traballa dende hai dous anos no banco de sangue, rematando a súa tese doutoral. Esta ourensá de 30 anos, levaranos no tranvía ata a Praza dos Museos onde nos amosará unha proba da riqueza cultural de Ámsterdam e visitaremos con ela o mercado das flores.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Blanca López

En Ámsterdam a música clásica apréndese no conservatorio que acolle os maiores talentos do mundo. Entre eles a violonchelista Blanca López, unha coruñesa de 27 anos. Con ela visitamos un muíño de cervexa, coñecemos a Álex , trompetista na Royal Concertgebouw Orchestra, quen nos abre as portas da sala de concertos sede desta orquestra, unha das mellores do mundo.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Concha Picón

Con Concha Picón daremos un paseo pola universidade de Ámsterdam. É de Vigo, ten 24 anos e estuda un máster en Dereito Internacional. Só leva 3 meses en Ámsterdam, pero xa se move coma peixe na Biblioteca pública, unha das máis modernas e mellor dotadas do mundo.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]