Algarve, O

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

O Algarve

[vc_row_inner][vc_column_inner width=»1/1″]
[/vc_column_inner][/vc_row_inner]

23-01-2014

O Algarve é a rexión que está máis ao sur de Portugal e linda con Andalucía polo leste e co Océano Atlántico polo oeste. Nunha superficie como a provincia de Pontevedra viven medio millón de habitantes permanentes, aínda que co paso dos anos acabouse convertendo no principal destino turístico do país veciño: recibe cada ano máis de 9 millóns de visitantes. As razóns para que O Algarve sexa tan atractivo son ben doadas: unha franxa litoral cunha orografía moi variada, acantilados espectaculares, praias longas e bonitas e un clima moi benigno.
As localidades máis importantes do Algarve son Faro (a capital), Tavira, Albufeira, Lagos e Portimao. En todas elas pódese atopar descanso, sol, moita festa e boa gastronomía.
No Algarve é moi común recoñecer xente da máis variada procedencia, pero, sobre todo, hai, ademáis de portugueses, británicos, alemáns e españois.

Galegos en O Algarve

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Nacho Fernández

Nacho Fernández estudou Ciencias do Mar en Vigo e, despois de facer o doutoramento entre Cataluña, Francia e Portugal, acabou traballando no Algarve, onde está investigando en acuicultu- ra. Con el descubriremos os fondos mariños da costa sur portuguesa.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Manuel Ruiz

A Ría Formosa baña as localidades de Faro, Olhao e Tavira e proporciónalles unha beleza singu- lar, ademais dunha excelente gastronomía a base de marisco. Coñeceremos esta fermosa parte do Algarve con Manuel Ruiz, un ourensán que leva 20 anos en Portugal.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Fran Ruibal

Fran Ruibal, un galego da Coruña que leva 3 anos traballando de metre nun hotel en Albufeira, amosaranos Vilamoura, unha das localidades favoritas da jet set portuguesa.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Rebeca Cal

Rebeca Cal é da Lama, en Pontevedra. Leva 7 anos no Algarve, concretamente en Albufeira, e traballa como executiva de ventas. Ela levaranos a dar un paseo en barco, unha das actividades máis demandadas aquí .

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

José Torres

José Torres é de Vilanova de Arousa, e xa leva 9 anos no Algarve. Bota moito de menos a comida galega pero a cambio gústalle moito o clima. Antes de vivir en Portugal, traballou nas Canarias de cociñeiro. Agora cociña para un hotel de cinco estrelas situado na praia Falesia, unha das máis longas do Algarve.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

María Búa

María Búa é de Vilagarcía. Durante o inverno traballa nos Alpes e no verán nalgún lugar cálido. Agora está no Algarve traballando de recepcionista dun hotel. Ela amosaranos un dos grandes alicientes desta zona de Portugal: a festa nocturna. E, de paso, veremos unha das súas paixóns: o heavy metal.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]