Abu Dhabi

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Abu Dhabi

17-06-2013

Abu Dhabi é a capital dos Emiratos Árabes Unidos, así como a segunda cidade máis poboada desta Federación do Golfo Pérsico. Conta con case 1 millón de habitantes, e unha renda per cápita moi elevada. Ademais goza sempre dun clima soleado, con altas temperaturas e apenas precipitacións.
Aquí está a décima parte do petróleo do mundo e iso fixo que Abu Dhabi tivese un desenvolvemento incrible desde o punto de vista urbanístico e tecnolóxico nos últimos tempos. Ademais, ante a previsión do esgotamento do petróleo, aquí fixeron grandes esforzos para reorientar a súa economía, e agora son unha potencia mundial en turismo, industria e finanzas.

En Abu Dhabi manda o luxo, a ostentación, as tendas caras, e o impresionante patrimonio arquitectónico con algúns dos máis espectaculares edificios da actualidade. Xunto a todo isto tamén recuperaron algunhas das poucas zonas húmidas que tiñan, como a Reserva Natural dos Manglares.

Galegos en Abu Dhabi

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Julio Rojo

É de Celanova e leva xa 5 anos facendo negocios nos Emiratos Árabes Unidos. Aquí é director xerente da súa propia empresa. Nun descanso entre reunións vainos levar ver o Ferrari World, o parque de atraccións de Ferrari, no que hai de todo relacionado coa mítica marca italiana de automóbiles.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Jorge Rodríguez

É de Lugo e xa leva case 3 anos traballando en Abu Dhabi, un lugar no que di que se vive moi ben. Traballa no Instituto Masdar, que desenvolve o proxecto da Masdar City, que consiste na creación e construción dunha cidade perfectamente autosostible. Amosaranos a propia Masdar City e a impresionante Mesquita Sheikh Zayed.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Juan Carlos Brea

É de Narón e leva case catro anos no país. Ao principio custoulle un pouco adaptarse pola burocracia e a lentitude en xeral dos habitantes de Abu Dhabi, pero agora está moi a gusto. Traballa como monitor de Kickboxing e fitness. El levaranos ver Corniche e presentaranos a única muller árabe que compite en carreiras de cabalos.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Carmen Bértalo

É de Ferrol e xa leva 3 anos en Abu Dhabi. Veu polo traballo do seu marido, e ao principio enfadábase moito debido ás características conservadoras da sociedade emiratí. Agora lévao mellor e está bastante integrada na vida de Abu Dhabi. De feito, acostuma facer a compra nun mercado tradicional, que en Abu Dhabi son lugares cheos de vida e historias. Nós imos visitar un con ela.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Gonzalo Pérez

É de Gondomar e xa vai para cinco anos que está en Abu Dhabi traballando. Levaranos a Al Ain, moi preto da fronteira con Omán. Un lugar que para el é o máis bonito dos Emiratos Árabes: un oasis no medio do deserto con parques e zonas verdes. De feito, Al Ain é un dos lugares preferidos para os autóctonos para pasar as vacacións ou a fin de semana.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]